Estou moi implicada no meu traballo, os alumnos vanse convertendo en parte da miña vida. Preocúpome por eles e polo seu desenvolvemento, é fundamental para min que eles consigan rematar os seu estudos.
Hoxe é día 22 de novembro de 2012, vai moito frío. Os meus peixiños están na escola e coa súa avoa. Na academia a mañá foi tranquila, aínda que hoxe recoñezo que estou moi cansa porque o meu peixiño pequeno case non me deixou durmir.
Ola, chámome Marta, son profesora nunha academia e hoxe tiven a oportunidade, grazas a un curso, de crear o meu blog. Neste espazo quero transmitirvos todas as miñas experiencias profesionais e persoais.